Despedida

Publicado: Xuño 22, 2017 en 1º ciclo, 2º ciclo, 3º ciclo
Etiquetas:

frog-986027_960_720Esta carta de despedida será a última entrada deste blog, aínda que seguirá accesible para que podamos lembrar as actividades que realizamos durante este tempo. Aló imos… Ler o resto desta entrada »


bike-213691_960_720Durante o segundo trimestre no área de Educación Física desenvolveuse o contido de educación viaria co alumnado de 3º e 4º de E.P. Para completalo contactamos, grazas á ANPA do CEIP Canosa-Rus, co Club Ciclista Carballo para no mes de xuño poder desenvolver unha actividade coas bicicletas que implicase o coñecemento das distintas normas de seguridade e o coñecemento dos sinais de tráfico. Incorporouse o grupo de 2º de E.P. que traballaran en clase coa súa titora estes contidos. Ler o resto desta entrada »


IMAG3158Mañá xoves entregaranse os premios aos equipos clasificados nas primeiras posicións do torneo de brilé na edición 2017 que se desenvolveu entre os meses de abril, maio e xuño. Houbo dous grupos, un no que participaban os equipos de 3º e 4º de Educación Primaria, e outro no que xogaron os cursos de 5º e 6º de E.P. Os trofeos foron elaborados polos distintos equipos participantes.

Tamén haberá premios individuais que serán votados polos compañeiros/as que participaron do xogo.

Grazas e parabéns pola vosa participación!


O pasado xoves 25 de maio celebramos un Encontro deportivo entre o alumnado de 6º de Educación Primaria nas instalacións deportivas do CPI Alcalde Xosé Pichel (Coristanco). Os nenos/as repartíronse en seis equipos con alumnos/as mesturados de ambos centros e xogaron ao brilé, balón torre e fútbol sen balón. Para finalizar os nenos/as do CPI mostraron as súas habilidades como contacontos na biblioteca escolar con obras de Gloria Fuertes e Carlos Casares. Ler o resto desta entrada »


Vía Pixabay By Aitoff Licenza CC0 DP

Estes son os Proxectos de acrosport que desenvolveu o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria durante as sesións de educación física. Como todos os cursos os nenos/as son os encargados de elaborar unha coreografía de acrosport, combinando tamén habilidades ximnásticas e música, xunto co traballo en equipo. Ler o resto desta entrada »


IMAG2749.jpgAo longo do curso coñecimos novos nenos/as doutro centro do concello de Coristanco, o CPI Alcalde Xosé Pichel. Realizamos dúas xornadas deportivas nas que puideron compartir os xogos de brilé, balón torre e fútbol sen balón desde unha perspectiva lúdica, xa que estaban misturados en seis grupos, máis que competitiva. Ler o resto desta entrada »


IMAG3005.jpgDurante o segundo e terceiro trimeste desenvolveuse o torneo de brilé no que participaron os cursos de 3º – 4º – 5º e 6º de E.P. Nunha primeira fase disputaron unha liga de todos contra todos, divididos en dous grupos (3º-4º e 5º-6º), posteriormente xogaron os partidos eliminatorios tralos que se xogaron as finais das respectivas categorías. Ler o resto desta entrada »