Artigos etiquetado ‘competición’


IMAG3158Mañá xoves entregaranse os premios aos equipos clasificados nas primeiras posicións do torneo de brilé na edición 2017 que se desenvolveu entre os meses de abril, maio e xuño. Houbo dous grupos, un no que participaban os equipos de 3º e 4º de Educación Primaria, e outro no que xogaron os cursos de 5º e 6º de E.P. Os trofeos foron elaborados polos distintos equipos participantes.

Tamén haberá premios individuais que serán votados polos compañeiros/as que participaron do xogo.

Grazas e parabéns pola vosa participación!

Brilé no centro

Publicado: Xuño 10, 2015 en 2º ciclo, 3º ciclo, Xogo
Etiquetas:, , , ,

Como cada ano celebrouse o torneo de brilé dividido en dúas categorías: 2º e 3º ciclo. Desde o mes de febreiro disputáronse os partidos nos que os diferentes equipos se enfrontaron en formato de liga de todos contra todos, nos recreos da mañá. Na segunda fase, en función da clasificación na liga, participaron nun cadro eliminatorio que comezaba en cuartos de final ata a final. Os trofeos foron elaborados polo alumnado de Educación Infantil, 3º de Educación Primaria e 3º ciclo, axudados polos seus mestres/as. (máis…)


Ola Superformigas, nestes enlaces poderedes consultar os documentos nos que aparecen as posicións nas que quedaron os nenos/as que participaron na carreira de campo a través organizada en Cee nas diferentes categorías. Xa aparecen resaltados os alumnos/as do CEIP Canosa-Rus, tanto na categoría individual coma nos equipos. Para poder puntuar como equipo tiñan que disputar a carreira polo menos 4 nenos/as do centro na categoría. (máis…)


Run away! by Lukesmartin Licenza CC BY-NC-ND

Fonte: Run away! by Lukesmartin
Licenza CC BY-NC-ND

Ola Superformigas, o próximo venres 5 de decembro os nenos/as de 3º e 5º de E.P. participarán nunha carreira de campo a través na localidade de Cee, que está incluida no programa deportivo, organizado pola Xunta de Galicia, Xogade. Os rapaces/zas terán que correr diferentes distancias en función do seu ano de nacemento, ubicándose deste xeito en diferentes categorías. Esta é a primeira fase, no caso de clasificarse algún neno/a para a seguinte proba notificariamolo coa suficiente antelación. (máis…)

Finais do Brilé

Publicado: Abril 4, 2014 en 2º ciclo, 3º ciclo, Xogo
Etiquetas:, , , ,

Park at the sea By qubodup Licenza DP

Park at the sea By qubodup
Licenza DP

Ola Superformigas, xa estamos na recta final do Campionato de brilé 2014 e no que respecta ao 3º ciclo xa está decidido quen xogará polos 4 primeiros postos, que son os equipos de 6º LA QUE SE AVECINA, LOS METEORITOS E LOS MISILES, e o equipo de 5º LOS SUPERVIVIENTES, polo que respecta ao 2º ciclo aínda queda por rematar a 1ª fase e xogar as eliminatorias, pero xa hai un equipo a bater, NINJAGO, que permanece invicto en toda a competición, aínda que nas eliminatorias sempre pode haber sorpresas.

Quería felicitar a todas as xogadoras/es que participaron nesta edición pola súa deportividade e respecto polos demais compañeiros/as e pola boa adaptación que tiveron aos novos labores que deberon desenvolver, coma era a de preparador físico e as funcións de arbitraxe. Grazas polo entusiasmo que demostrades por este xogo. (máis…)


Children playing By The US government EPA "Sunwise" program. Licenza DP

Children playing By The US government EPA “Sunwise” program.
Licenza DP

Ola Superformigas, coma cada curso, neste segundo trimestre comezan os partidos de brilé nos recreos que xogarán os nenos/as de 2º e 3 ciclo de E.P. nos recreos de pola mañá. Coma sempre utilizarase o ximnasio e o patio cuberto de 2º e 3º ciclo. (máis…)


DSC_0644Ola, o pasado venres 14 de xuño realizouse a entrega de premios dos equipos que quedaron nos tres primeiros lugares na fase final do Torneo de brilé do 2º e 3º ciclo, ademais de dar premios ás mellores arbitraxes e condutas deportivas durante o torneo, deste xeito: (máis…)

A fase final

Publicado: Xuño 7, 2013 en 2º ciclo, 3º ciclo, Xogo
Etiquetas:, , , ,

Park at the sea By qubodup Licenza DP

Park at the sea By qubodup
Licenza DP

Ola a todos/as, coa chegada do final do curso tamén se achega as finais do torneo interno de brilé, xa están configuradas as finais dos torneo tanto de 2º ciclo coma de 3º ciclo. Durante os últimos meses se disputaron nos recreos de pola mañá partidos da liga e posterior fase final entre os equipos do 2º e 3º ciclo de E.P., e agora é tempo de dilucidar que equipos serán os que ocupen os primeiros postos, aínda que o mellor resultado obtivéstelo todos/as os participantes, disfrutando do xogo e da competición sá entre vós. (máis…)


We're a team By  Alessandro Prada Licenza CC BY-SA

We’re a team By Alessandro Prada
Licenza CC BY-SA

Ola a todos/as, nesta unidade estamos a traballar os deportes de equipo, desde unha perspectiva de aprender certas habilidades xerais que nos permitan comprender certo tipo de deportes que teñan a mesma esencia de ataque e defensa, é dicir son deportes nos que dous equipos comparten o mesmo espazo e hai dúas fases ou momentos, unha de ataque, na que o equipo ten acadar un obxectivo marcado, e outra de defensa, na que temos que impedir que os compañeiros/as do outro conxunto non acaden a meta; ésta coma xa empezamos a ver en clase pode ser de varios tipos: pode ser introducir unha pelota nunha portería, nuha canastra, nunha rede, ou tamén invadir unha determinada zona co obxecto de xogo (pelota, disco, entre outros) (máis…)


IMG_0251Ola a todos/as, o pasado xoves 4 de abril os nenos/as de 5º e 6º de E.P. foron a xogar cos seus compañeiros/as de 5º e 6º do CPI Alcalde Xosé Pichel, nas instalacións deportivas participaron xuntos en varios xogos coma o brilé, o ultimate e o balón torre. Os nosos anfitrións tratáronos excepcionalmente, e por iso lles agradecemos a boa acollida que nos deron, incluso nos convidadoron a unha pequena merenda, moitas grazas a todos/as! (máis…)