Campo a través

Publicado: Decembro 1, 2014 en 2º ciclo, 3º ciclo
Etiquetas:, , , , , ,

Run away! by Lukesmartin Licenza CC BY-NC-ND

Fonte: Run away! by Lukesmartin
Licenza CC BY-NC-ND

Ola Superformigas, o próximo venres 5 de decembro os nenos/as de 3º e 5º de E.P. participarán nunha carreira de campo a través na localidade de Cee, que está incluida no programa deportivo, organizado pola Xunta de Galicia, Xogade. Os rapaces/zas terán que correr diferentes distancias en función do seu ano de nacemento, ubicándose deste xeito en diferentes categorías. Esta é a primeira fase, no caso de clasificarse algún neno/a para a seguinte proba notificariamolo coa suficiente antelación.

As distancias e categorías son as seguintes:

  • BENXAMÍN: nacidos/as nos anos 2006 e 2007. Distancia 500m.
  • ALEVÍN: nacidos/as nos anos 2004 e 2005. Distancia feminina 600m. e masculina 800m.
  • INFANTIL: nacidos/as nos anos 2002 e 2003. Distancia feminina 800m. e masculina 1.200m.
  • CADETE: nacidos/as nos anos 2000 e 2001. Distancia feminina 1.200m. e masculina 2.500m.

Lembrade que como é unha carreira que se realizará polo campo será necesario levar roupa para cambiarse (calzado, calcetíns, pantalóns e camiseta), ademais dun chubasqueiro lixeiro se chove. Non vos esquezades da comida!

O obxectivo desta actividade é que os nenos/as desfruten da práctica de actividade física, que coñezan novas modalidades deportivas, que coñezan a outros rapaces/zas da súa idade e compartan con eles os valores positivos do deporte.

Na páxina web do centro poderedes descargar as normas da carreira e o circuíto.

Ata a próxima Superformigas!

Deixar un comentario