acrobaciaOla Superformigas, neste artigo tedes algunhas das presentacións dos proxectos de acrosport que fixeron os alumnos/as de 5º de E.P. A actividade consistiu que logo de aprender as normas de seguridade, as presas e demais aspectos técnicos do acrosport, o curso repartiuse en 4 grupos de 5, no que se combinaban tanto nenos/as que podían facer de portores coma de áxiles; a continuación tiñan que preparar unha coreografía na que se combinasen figuras de acrosport, enlazadas con algunha habilidade ximnástica, ao ritmo dunha música, ademais deberon elaborar un guión no que se detallaba o desenvolvemento do seu proxecto. Esta era a primeira experiencia nesta actividade, que xa realizaran o curso pasado os alumnos/as do 3º ciclo, e pese que custou arrancar os resultados foron bos, por este motivo quero agradecerlles o esforzo que adicaron no desenvolvemento destas sesións.

Ao mesmo tempo que traballamos o acrosport tamén tratamos de que o alumnado tome conciencia da importancia de traballar en equipo e do respecto polas opinións dos demais, xa que debían colaborar e dialogar  para chegar a acordos que lles permitisen elaborar unha actuación grupal.

Deixámosvos con algúns dos proxectos, en próximas entradas presentarémosvos os grupos que faltan, agardamos que vos gusten e valoredes o traballo que lle adicaron. Ata outra Superformigas!

GRUPO: Raúl, Lara M., Marco, Lara S. e Dani.

GRUPO: Xairo, Ángela, Noemí, Javier P. e Samuel.

comentarios
  1. Anónimo di:

    encantoume

    • noemi gesto vilas di:

      non sei cantas veces vin os video pero non podo paraar por cierto a ver cando poñen os demais videos ke faltan e teño ganas de velos como molan

  2. Lara di:

    Eu son Lara .S e gustoume como quedou o video ,espero que colguen os demais pronto , xa sei que o meu xa esta colgado, pero de todas formas teño ganas de ver como quedaron os outros
    ¡QUE NERVIOS!!

  3. noemi gesto vilas di:

    fixemolos todos moi ben gustoume moito rekire moito traballo e esforzo

  4. noemi gesto vilas di:

    fixemolo todos moi ben gustoume moito costa moito traballo e esesforzo genial

  5. ainhoa di:

    fixestedelo moi ben ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

  6. Ana Belén Mouro 1º(ESO) di:

    Ola! Fixestedelo moi ben, animo a todos!!!!
    Seguide así!!
    saúdos

    • mef01 di:

      Ola Belén, grazas polos ánimos, por seguir acordándote de nós e de visitarnos de cando en vez. Esperamos que a vós tamén vos vaia ben e enviámosvos forzas para o que queda de curso. Saúdos.

  7. Marco di:

    os nosos grupos molan

  8. lara di:

    fixemolo0 moi ben todos noraboa!

  9. wow tou todo o día vendo os videos , non sei por que pero encantanme, pero tamen teño ganas de ver os demais ..:-) jajajaja

  10. A verda e que costou moito conseguilo pero o esforzo e o animo de todo o equipo serviu para poder conseguilo e facelo o mellor posible .. a verda e que encantariame repetilo!!! Foi moi divertido!!!

  11. Non sei canto tempo fai desde que fixemos o ACROSPORT pero eu non sei que me pasa porque sigo vendoos coma se fosen colgados onte .. pero de todos modos .. quedaron geniales , e o mellor foi que o pasamos ben , non sei os demais pero eu estou deseando volver a ter acroesport en 6º , tame pasando o tempo coma siglos , ademais nestes videos o traballo e o esforzo , e sobretodo o tempo que lle dedicamos a este traballo vese reflejado nestes videos asique , ¡¡ ESPERANDO QUE EMPEZE O ACROSPORT !!jajajajaja a e casi se me olvida moita suete a os de 5º e espero que lles salga genial e sobretodo que o pasen ben porque e unha actividade moi divertida!!

  12. A espera de que chege a temporada de ACOSPORT!!

    • mef01 di:

      Ola Lara, como xa sabes este ano tamén faremos algo de Acrosport, engadíndolle un pouco máis de dificultade, pero seguro que o faredes igual de ben ou mellor. Grazas por comentar, saúdos.

Deixar un comentario