Brilé nos recreos

Publicado: Febreiro 12, 2014 en 2º ciclo, 3º ciclo, Deporte, Xogo
Etiquetas:, , , , , ,

Children playing By The US government EPA "Sunwise" program. Licenza DP

Children playing By The US government EPA “Sunwise” program.
Licenza DP

Ola Superformigas, coma cada curso, neste segundo trimestre comezan os partidos de brilé nos recreos que xogarán os nenos/as de 2º e 3 ciclo de E.P. nos recreos de pola mañá. Coma sempre utilizarase o ximnasio e o patio cuberto de 2º e 3º ciclo.Establécense dous grupos, un para os cursos do 2º ciclo e outro para os do 3º ciclo. A organización da competición será dunha primeira fase de todos contra todos e logo unha fase final na que os equipos se cruzarán en función da súa clasificación na liga, ata chegar á final. Este curso nos equipos existen a figura do capitán, que será o encargado de dirixir e informar ao equipo sobre datas dos partidos, e servir de enlace cos mestres/as, tamén haberá dous arbitros que se encargarán de dirixir o correcto desenvolvemento dos partidos (recollida do material, sorteos, actas, entre outras) e asegurarse do cumprimento das normas de xogo, e por último aparece a figura do preparador/a físico, que se encargará de dirixir o quecemento do equipo antes dos partidos.

As puntuacións dos partidos serán de 2 puntos por gañar o  partido, 1 punto polo empate e 0 puntos se o partido se perde. Lembramos que as sancións se reflectirán en acta e que conlevarán a perda de 1 punto por cada unha delas para o equipo (protestas aos árbitros, faltas de respecto cara outros nenos/as e agresións a outros nenos/as), ademais das posibles sancións individuais que se poidan decidir, tamén suporá perda de 1 punto cando se acumulen 3 partidos sen facer o quecemento.

Deixamos os calendarios, así coma os equipos que participan na competición, se picades sobre a imaxe poderedes vela nun tamaño maior. Agora a xogar, Superformigas!

brilé_1brile_2brile_3brile_4

Deixar un comentario